Nove empresas concurren á concesión de explotación da Edar de Ares, Mugardos e Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocalLocal Portada
A-
A+

Unha vez rematado o prazo, son un total de nove as empresas que concurren ao procedimento aberto para a concesión do servizo público de explotación e mantemento do sistema pertencente á actuación de saneamento na zona norte da ría de Ares e sur da ría de Ferrol (é dicir, Ares, Mugardos e Fene), nomeadamente no que se refire ás conduccións e bombeos. Así o informou o Concello de Ares, encargado por delegación de levar a cabo toda a tramitación correspondente a este servizo, que fora aprobado polo pleno da corporación pola vía de urxencia no pleno do pasado mes de xaneiro, xa  que, como explicara entón o alcalde, Julio Iglesias, ten que estar adxudicado ao mesmo tempo que inicie o seu funcionamento a EDAR.

Como se indica no propio prego de condicións, o tipo máximo deste contrato será de 620.073,30 euros (IVE incluido). En canto á duración do mesmo, éste será de dous anos, poidendo ser obxecto de prórroga por acordo expreso do Concello e sempre determinada cunha antelación máxima de tres meses antes da expiración dos 24 meses.

O seguinte paso agora será a reunión da Mesa de Contratación para a apertura dos primeiros sobres, os “A”, que conteñen a documentación administrativa. Dita Mesa, na que estarán presentes os alcaldes de Ares, Mugardos e Fene, levará a cabo esta primeira xestión –no caso de que se destecten deficiencias en algunha das ofertas concederase un prazo de tres días para subsanalas- xusto despois de Semana Santa, é dicir, nunha a data a concretar entre o 2 e o 5 de abril. Posteriormente abriranse as ofertas económicas (sobres “B”), procedendo entón, segundo a oferta máis ventaxosa, á adxudicación provisional deste servizo.

21 de marzo de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.