Novas rutas didácticas ao Castelo da Rocha e a San Domingos de Bonaval

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Francisco Noya, no Castelo da Rocha

Francisco Noya, no Castelo da Rocha

O sábado 16 de marzo, ás 11:00 horas, sairá da praza de Galicia a ruta “O Castelo da Rocha”. Será unha visita explicativa a esta fortaleza, completada con outra visita ao Centro Sociocultural da Rocha, onde se exhibe unha exposición de olería.

A ruta “Os espazos claustrais I: San Domingos de Bonaval” realizarase o mércores 20 de marzo, con saída ás 18:00 horas dende a praza do 8 de marzo (na porta do Camiño, ao comezo da rúa de San Pedro). Os participantes visitarán un dos espazos claustrais extramuros máis importantes de Compostela e coñecerán as súas características arquitectónicas e o seu uso na actualidade.

Información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC O Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

14 de marzo de 2013 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.