Nova rotulación dos vehículos da Policía Local carballesa para seguir as directrices da Xunta

Vehículos coa nova rotulación
O Concello de Carballo informa de que vén de cumprir as directrices da Xunta de Galicia sobre a homoxeneización dos medios de mobilidade da Policía Local coa implantación dunha nova rotulación nos vehículos na que se inclúe o escudo de Galicia a carón das portas traseiras. A orde, que foi aprobada pola Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, afecta aos medios de mobilidade, tanto de catro rodas, dous ou tres volumes, monovolumes, todoterreos, furgonetas e outros, como as motocicletas, bicicletas e derivados e as embarcacións e medios acuáticos.











