Nova proxección de cine con motivo do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

Nigrán ofrecerá mañá unha nova sesión de cinema, dentro do ciclo coordinado polo CIM con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo. A proxección da película Whale Rider terá lugar ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Concello de Nigrán, e a súa entrada será gratuíta.

Whale Rider é unha película dramática do 2002, dirijida por Niki Caro, baseada na novela homónima de Witi Ihimaera. Ambientada nunha pequena poboación costeira de Nova Zelandia, os Maoríes afirman ser descendentes de Paikea, o Xinete de Baleas. En cada xeración desde xa hai máis de 1.000 anos, un home herdeiro do xefe sucédelle no título.

Ese momento chegou. O fillo maior do xefe, Porourangi, é pai de xemelgos: un neno e unha nena. Con todo, a nai e o pequeno morren no transcurso do parto. A nena sobrevivente recibirá por nome Pai. Abatido pola dor, o seu pai abandónaa ao coidado dos seus avós. Koro, o seu avó e Xefe, non a recoñece como herdeira da tradición e rexéitaa. Con todo, a súa avoa Flowers ve máis aló: é unha nena desesperada por ser querida; e Koro, aos poucos, aprende a querela.

14 de marzo de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.