Normalización Lingüística e Cultura convocan un concurso sobre as Letras Galegas
O Servizo Municipal de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración co CPI Vicente Otero Valcárcel, convocan un concurso de audiovisuais sobre as Letras Galegas.
O certame está dirixido ao alumnado da ESO do colexio carralés, que poderá participar en grupos de dous membros, presentando unha peza audiovisual de entre 2 e 5 minutos que contribúa á promoción da lingua galega, das súas producións literarias e dos seus principais protagonistas.
Haberá tres premios, consistentes en equipamento tecnolóxico (tabletas, libros electrónicos e reprodutores mp4), e agasallos para todas as parellas participantes.
Todos os traballos presentados publicaranse en Youtube e Vimeo.
As parellas interesadas en participar deberán entregar os seus traballos na Casa da Cultura antes do 27 de abril.
As bases do concurso e a ficha de participación pódense descargar da web www.concellocarral.com e do blog http://culturacarral.blogaliza.org.











