Negreira reúnese co xerente do CHUAC

Reunión de Negreira e Vilanova
O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, mantivo unha reunión co xerente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, Francisco Vilanova. Durante o encontro, ambos os dous destacaron a importancia do CHUAC no ámbito sanitario do país e que sitúa á cidade como un referente nacional. Vilanova tamén lle transmitiu ao rexedor o estado das obras da II fase do Plan Director do Hospital e, en concreto, as do servizo de Urxencias, que se encontran en fase de execución e que está previsto que conclúan a finais deste ano.











