Negreira presenta “Arte al descubierto”, que permite visitar as plantas baixa e nobre do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Presentación do proxecto

Presentación do proxecto

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, presentou esta mañá “Arte al descubierto”, unha aplicación que fai un percorrido por todas as instalacións do Pazo Municipal e por todas as obras de arte que nel se expoñen. Está dispoñible a través da súa propia páxina web artealdescubierto.coruna.es e das páxinas web do Concello e de Turismo da Coruña; e para dispositivos Apple e Android existe unha versión descargable que estará dispoñible de forma gratuíta nos próximos días en das canles habituais para estes dispositivos móbiles.

O Concello da Coruña, a través da Área de Medio, Infraestruturas e Territorio, quere poñer así en valor o seu Pazo Municipal, achegalo aos cidadáns coruñeses e facelo accesible a calquera persoa en calquera lugar do mundo. Por iso, realizouse un deseño específico, enmarcado no proxecto de referencia nacional Coruña Smart City e incluíndo os últimos avances tecnolóxicos en visualización avanzada e en ambientes fotográficos inmersivos. Parécenos positivo que, dentro de Smart City se incorpore esta aplicación porque este Pazo ben se merece unha visita”, destacou o Alcalde.

Para a realización do proxecto, realizáronse máis de 16.000 fotografías que, no seu conxunto, posibilitan descubrir os tesouros ocultos da arquitectura, escultura e artes decorativas do edificio. Arte ao descuberto permítenos gozar de 133 elementos que contan con información detallada.

“Arte al descubierto” asombrará ao público pola súa fotografía panorámica dos exteriores do edificio que acolle o Concello para poder analizar de forma interactiva gran parte dos elementos do edificio, incluíndo os de máis difícil acceso pola altura á que encontran. Os espazos interiores están cubertos con fotografía inmersiva de todas as salas do Pazo Municipal, o que permite ao usuario pararse en cada detalle e descubrir a historia da cidade a través da información e outros contidos multimedia relacionados co elemento ou espazo visualizado.

O proxecto foi desenvolvido por ILUX Visual Technologies, coa colaboración de Jesús Martínez López, na elaboración dos textos e de Luis Carré Menéndez, nas fotografías dos cadros.

Ademais de visitas virtuais, o Alcalde anunciou que ao longo do 2013 se realizarán visitas guiadas ao Pazo Municipal. Hai dúas iniciativas en marcha:

1) Consorcio de Turismo da Coruña. Este ano organizaranse visitas dramatizadas ao Pazo Municipal.

– Número de visitas previstas: 2.200 persoas.
– Serán os xoves, de 17 a 18.30 horas. 45 minutos no interior do Pazo e o resto na praza.
– Haberá visitas especiais en pontes, festivos e xornadas sinaladas.
– Datas: Esta previsto que se inicien en Semana Santa (están en proceso de contratación) e que rematen a finais de ano.

2) Servizo Municipal de Educación. Tamén o Servizo Municipal de Educación organizará visitas, neste caso limitadas a escolares. A actividade desenvolverase entre o presente mes de marzo e maio. Prevense as seguintes visitas:

– 5º de Infantil (idade: 4 anos). Visitarán a planta baixa. Número de visitas estimadas: 670 nenos (29 grupos).
– 2º de Primaria (idade: 7-8 anos). Visitarán a planta baixa e ao salón de plenos. Número de visitas estimadas: 500 nenos (19 grupos).

CENTENARIO DA OCUPACIÓN SOCIAL DE MARÍA PITA

Todas estas iniciativas enmárcanse á súa vez no programa que neste 2013 se realizará para poñer en valor o Pazo Municipal e a praza de María Pita. Ao longo dos próximos meses, coñeceranse e desenvolverán máis iniciativas, entre as que figura a publicación dun libro sobre a historia da praza, que incluirá un apartado cronolóxico e outro fotográfico.

En agosto de 2013 cumpriranse 100 anos da gran verbena popular que marca o inicio da ocupación social, por parte dos coruñeses, da praza de María Pita. No seu día, os xornais locais referíronse a este acto como ‘a inauguración popular’ da praza. A inauguración oficial data de máis anos atrás.

13 de marzo de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.