Negreira inaugura as novas instalacións de Estrella Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► A Coruña ► Local ► Local Portada ▼
A-
A+
Percorrido polas instalacións

Percorrido polas instalacións

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou esta mañá na inauguración das novas instalacións de Estrella Galicia na cidade. “É un motivo de orgullo ter esta empresa que naceu en 1906 e que hoxe deixa unha gran pegada na cidade; vende dous millóns de cervexas ao ano. En 2013, cando a asociación empresarial do polígono da Grela cumpre 40 anos, Estrella Galicia é unha parte máis desta cidade e deste polígono”, afirmou o alcalde, quen destacou que esta compañía cre nas súas posibilidades e inviste co obxectivo de diversificar o seu negocio.

“Está presente en 35 países, o que demostra que é capaz de seguir crecendo”, engadiu Negreira. O alcalde tamén aproveitou para recordar que Estrella Galicia é un dos principais clientes da Empresa Municipal de Augas (EMALCSA): “Seremos un territorio con auga. Hoxe temos xa a titularidade do encoro e teremos o encoro de Meirama, que é sete veces o de Cecebre,”.

1 de marzo de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.