Negreira agradece a entrega das 22 homenaxeadas e a súa contribución a unha sociedade mellor

O rexedor coas homenaxeadas
O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, presidiu o acto central do Día Internacional da Muller, que tivo lugar esta mañá no Salón de Pleno do Pazo Municipal de María Pita, e no que se homenaxearon a 22 mulleres solidarias. “Todos os coruñeses estamos agradecidos por ter mulleres con este perfil e esta entrega”, destacou. “Coa vosa capacidade de entrega -continuou- conducides a unha sociedade mellor”.
Carlos Negreira referiuse a Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, María Pita e Concepción Areal como “mulleres que foren exemplo para toda España no século XIX”, e destacou que as 21 mulleres homenaxeadas hoxe “son herdeiras dese mesmo espírito coruñés que tanto nos deu e que axudou a que valores tan importantes sexan hoxe colectivos”.
O Alcalde animou a seguir traballando por unha igualdade real e traballar por unha sociedade máis feliz: “Temos que romper os diques do egoísmo. Aínda queda moito por facer. Non podemos dar nada por consolidado, porque as conquistas poden volver atrás”. “Os países máis felices son aqueles nos que a muller ocupa un papel igualitario e clave na sociedade”, finalizou.











