“Neda sin Fronteras” chegará este martes ao IES Fernando Esquío a través do cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

A campaña Neda sin Fronteras, que promoven Concello e Médicos sin Fronteras, chegará tamén aos máis pequenos. Mañá martes, ás 16 horas, a Aula Audiovisual do IES Fernando Esquío acollerá a proxección de dúas curtas do documental “Invisibles”, un traballo que quere rendir xustiza a esas persoas que seguen a estar fóra da atención mediática: persoas con enfermidades esquecidas e vítimas de conflitos armados. Así mesmo, a exposición “40 anos de Acción Humanitaria Independente” continúa aberta na Casa das Palmeiras de 18 a 20 horas e ata o 15 de marzo.

O mesmo 15 de marzo, o programa de actividades de Neda Sin Fronteras chegará ao seu fin coa conferencia-coloquio sobre Médicos sin Fronteras e o seu traballo, a cargo dun representante de MSF, ás 18 horas na Casa das Palmeiras e co Festival Solidario a beneficio da organización, no que actuarán os grupos Zoar do vento, Agrupación da Muchiqueira e a Rondalla Lucero del Alba. A entrada ao festival, que se realizará no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 20 horas, será de 2 euros. Todo o recadado neste concerto solidario será destinado aos proxectos de Acción Humanitaria de Médicos sin Fronteras.

11 de marzo de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.