Modificacións no tráfico do casco histórico por mor da Feira Medieval
A concellería de tráfico informa que debido á celebración da XI Feira Medieval o sábado día 30 de marzo, a circulación do tráfico rodado no casco histórico rexistrará modificacións dende o venres.
VENRES 29 DE MARZO
A partir das 14:00 horas, por mor do inicio dos preparativos da Feira, non se poderán estacionar vehículos nas seguintes zonas: explanada da Régoa, rúa Santo Domingo, rúa Bailén, rúa Pescaderías e Cárcere Vello.
A partir das 18:00 horas do venres cortarase o tráfico nas rúas citadas anteriormente, permitíndose só o acceso á zona onde se desenvolverá a Feira Medieval pola rúa Ricardo Quiroga con saída pola rúa das Flores.
SÁBADO 30 DE MARZO
Ademais das zonas nas que se realizou o corte o venres pola tarde, a partir das 9:00 horas do sábado suprimirase a circulación do tráfico rodado pola praza Dr. Goyanes.
Os automobilistas que teñan que acceder á rúa Dr. Casares terán que facelo polo Malecón e o lateral do ambulatorio, zonas que manterán o sentido habitual de circulación.
A redor das 00:00 horas do domingo, unha vez que se desmonten os diferentes postos da Feira, restablecerase a circulación do tráfico rodado nas zonas antes sinaladas.
Dende a concellería de tráfico pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse e lémbrase que estas restricións no tráfico rodado resultan imprescindibles para poder levar a cabo a celebración dun evento tan importante como é a XI Feira Medieval de Monforte.











