Miguel Lorenzo entrega os billetes do viaxe a Benidorm

Entrega dos billetes aos participantes
O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, fixo entrega do reparto de billetes ás 26 persoas que mañá viaxarán a Benidorm dentro do programa de vacacións ‘Turismo Social’ para maiores que organiza o Concello. A iniciativa enmárcase nas actividades que a concellaría deseña para fomentar o envellecemento activo e o ocio saudable. Os obxectivos son impulsar a autonomía persoal e fortalecer as redes sociais dos participantes. En total, o Concello da Coruña ofrece 150 prazas a Benidorm distribuídas en seis quendas. O último
sairá o próximo 31 de marzo.











