“Merendas con contos” en Sober
A Biblioteca Municipal acollerá mañá, a partir das 17:30 horas, a nova edición do programa de animación á lectura ‘Merendas con contos’, na que se seguirán a elaborar os decorados para a peza teatral que os nenos e nenas representarán o próximo 7 de xuño. A obra deste ano titúlase O estraño caso da Pita Mazarica, peza da autora local Paula Vázquez Verao. O Concello de Sober conmemora con estas actividades o Día Mundial do Teatro, que terá lugar o 27 de marzo.











