Melloras viarias en Caranza, Esteiro e San Xoán
Os operarios do servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, que realiza a empresa “Misturas S.A”, continua con traballos de aglomerado e reparación de baldosas e beirrarúas nas zonas de Pazos, de Caranza e San Xoán, e seguindo coas intervencións da rúa Eduardo Pondal. En concreto, a previsión de tarefas para a xornada de hoxe encomendada e en función dos criterios de urxencia e seguridade viaria establecidos polos técnicos municipais é a seguinte:
– Actuacións de aglomerado: Asociación Veciñal de Pazos (acceso ao local social); inmediacións da rotonda Diapason e rúa Caballo Blanco (San Xoán).
– Actuacións en baldosas con continuidade dos traballos na rúa Eduardo Pondal (Esteiro)











