Mellora do vial que une Cornide con Ventoselle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+
Visita ás obras

Visita ás obras

Están a punto de rematar os traballos de construcción dunha escolleira de pedra e ancheamento do vial municipal que une o burgo de Cornide co de Ventoselle, máis concretamente na zona chamada Aguieira.

A zona onde se está facendo o máis importante da obra presenta un importante desnivel, cunha zona de talud moi pronunciada. Debido a isto, nesta área eran frecuentes, sobretodo en época de choivas, que se produciran bastantes desprendimentos, co conseguinte perigo para os usuarios da vía. A vía tamén era bastante estreita, o que dificultaba o paso de vehículos, especialmente o cruce dos mesmos. Por estas razóns os veciños do entorno levaban pedindo dende hai un tempo unha solución estes problemas, solución que está prácticamente realizada coa pronta finalización das obras.

Dentro das obras destaca a escolleira de pedra, que protexe un talud e vai evitar que  no futuro  se produzan perigosos desprendementos (adxúntase unha fotografía da visita realizada polo Alcalde á obra, na cal se aprecia perfectamente a escolleira de pedra).

A obra está sendo realizada pola empresa xovense Excavaciones Vigo. En canto ao investimento da mesma, o importe é de 14.500 €uros, fondos totalmente municipais que están incluidos dentro do presuposto 2013

1 de marzo de 2013 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.