Melide traballa pola consecución da mención de Festa de interese turístico para a Festa do Melindre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMelide
A-
A+
Instante da reunión

Instante da reunión

No día de onte a alcaldesa de Melide desprazouse ao edificio de Turgalicia onde manten a sede a Axencia Galega de Turismo para manter unha reunión coa directora deste órgano, Nava Castro, acompañada do edil de turismo e promoción económica Santos López. O obxectivo de dita xuntanza non era outra máis que instar ao organismo autonómico a que a Festa do Melindre e da Repostería tradicional que neste ano xa conta coa súa vixexima segunda edición, sexa declarada de interese turístico.

Nun dossier informativo trasladouselle á directora da Axencia Galega de Turísmo a importante laboura do Concello na promoción do produto estrela da respostaría de Melide, os melindres, os ricos e os  amendoados, xa que nos últimos tempos se procurou intensificar a presenza en múltiples feiras gastrónomicas de importancia autónomica para reforzar a publicidade e dar a coñecer ditos produtos. Pola súa banda, Nava Castro mostrou a sua disposición a facerlle chegar ao comité que outorga dita mención a sua actitude favorable. Anxeles Vázquez amosase satisfeita dada a actitude colaboradora da Xunta , para que o obxectivo de conseguir a Festa de interese turístico galego.

27 de marzo de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.