Melide promociona os seus produtos en Expourense
Melide continúa promocionando a Festa do Melindre e os doces tradicionais da terra, a súa gastronomía e o conxunto monumental e paisaxístico de Melide. Esta vez faino en Xantar- Ourense, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo.
O Concello de Melide comparte stand co Concello de Palas de Rei e estará presente en Xantar durante cinco días de intensa actividade co obxectivo de dinamizar o turismo de proximidade coa gastronomía como principal reclamo e motivacion.
O domingo 10 de marzo, último día da feira, ás 14.00h, a Confitería Trisquel ofrecerá unha degustación de produtos da repostaría tradicional.











