Melide organiza unha batería de actividades para conmemorar o día da Muller Traballadora
Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, estánse a organizar unha serie de actividades encamiñadas a celebrar un dos días máis importantes e reseñados no calendario como é o día 8 de marzo, día adicado a Muller Traballadora.
Dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello levaranse a cabo unhas xornadas de sensibilización e capacitación en materia de igualdade, dirixida aos xóvenes para sensibilizalos na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e axudarlles a detectar e non interiorizar comportamentos e actitudes sexistas.
O vénres día 8, terá lugar unha mesa redonda en radio Melide onde estarán presentes diferentes ponentes que darán a coñecer a evolución da sociedade neste senso e as vivencias persoais de cada un deles o mésmo tempo que as liñas de teléfono permanecerán abertas para que todas aquelas persoas que o desexen poidan achegar o seu punto de vista sobre o tema.
As actividades programadas dende dende a concellería de Igualdade e Benestar son as seguintes:
–CEIP Nº 2: VENRES 8 DE MARZO DE 10,30-11,30 h, para ALUMNAS/OS DE 5º E 6º PRIMARIA.
–IES: VENRES 8 DE MARZO DE 12:35-14:15 h, para ALUMNAS/OS DE 1º ESO.
–CEIP Nº 1: LUNS 11 DE MARZO DE 10:00-11:000 h, para ALUMNAS/OS DE 5º E 6º DE PRIMARIA.
–CEIP Nº 3: LUNS 11 DE MARZO DE 12,30-13,25 h, para ALUMNAS/OS DE 5º E 6º PRIMARIA
Baixo o titulo de “Entre mulleres anda o xogo” nos diferentes centros educativos retrasmítese o famoso concurso coñecido mundialmente. As presentadoras son as encargadas de conducir o programa quenes farán un percorrido a través do tempo onde analizarán a importancia da incorporación da muller a vida social e ao traballo, os cambios históricos e a repercusión que isto provocou. Unha vez exposto o tema, comezará o concurso.
Os obxectivos do concurso son os seguintes:
– Analizar as relacións de xénero na sociedade actual.
– Dar a coñecer as desigualdades vixentes hoxe en día entre mulleres e homes en diferentes ámbitos da sociedade.
– Sensibilizar na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
– Crear un espazo de reflexión e de debate.
– Fomentar unhas relacións entre sexos baseadas na igualdade, o respecto e a tolerancia.
Dende o Concello de Melide impulsase a realización destas actividades como unha política preventiva cara actitudes sexistas e desigualitarias dende as idades máis temperás. Ditas actuacións complementáranse coa proxección dun filme no Edificio Multiusos da vila sobre a temática da muller traballadora ás 18.30 h o venres 8 de marzo.











