Medio cede un vehículo de intervención rápida ao servizo de Extinción de Incendios e Salvamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+
Flores co camión de intervención rápida

Flores co camión de intervención rápida

O Tenente de alcalde de Seguridade e Mobilidade, Julio Flores e o Concelleiro de Medio, Enrique Salvador, acompañados por Carlos García Touriñán, Director de Seguridade Cidadá, e Alfonso Clemente, representante da concesionaria municipal CESPA, participaron esta mañá, na praza de María Pita, no acto de entrega dun vehículo de intervención rápida ao servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS). Trátase dun camión Mercedes Benz dunha altura de 2,2 metros, anchura de 2,5 metros e lonxitude de 6,9 metros.

Tal e como explicou o responsable de Medio, Enrique Salvador, este vehículo foi incluído, no seu día, polo Servizo de Medio, entre as obrigas do novo Servizo de Limpeza Viaria, por considerar que un vehículo destas características era necesario para a cidade, para acometer actuacións urxentes e de forma rápida pola súa doada manobrabilidade, como por exemplo limpezas de manchas de aceite en vía pública, retirada de obxectos pesados, etc.

“Tanto os técnicos de Cespa coma os técnicos municipais da Concellaría de Medio consideran que, tanto pola dotación técnica do vehículo coma pola preparación das persoas que o utilizan, os bombeiros son os profesionais axeitados para prestar este servizo que require unha rápida intervención”, destacou Salvador.

Julio Flores, pola súa banda, agradeceu a cesión e asegurou que este vehículo servirá para gañar en eficiencia e inmediatez: “Durante 2012 o SEIS realizou un total de 198 limpezas de calzada nas que se utilizou un vehículo pesado, o que implicou un gasto de 20.000 euros anuais. A incorporación deste camión do Servizo de Limpeza Viaria Municipal ao Parque de vehículos do servizo de Bomberos será moi positiva para os cidadáns, xa que implicará chegar antes e un menor custo”, asegurou.

O responsable de Seguridade e Mobilidade defendeu a aposta municipal por mellorar os servizos municipais de emerxencia e pola adquisición de material que permita ao SEIS un mellor desenvolvemento do seu traballo. Así, en 2012 se aprobou a adquisición de novo material por importe de 660.000 euros para un equipo de excarceración, unha estación de carga de seguridade, equipos de comunicacións, melloras na rede de hidratantes mobiliario para o posto de control e un vehículo autobomba pesado, cantidade que en 2013 se incrementou ata 1 millón de euros para a segunda fase da mellora da rede de hidrantes, un novo vehículo e material diverso para intervencións con mercadorías perigosas.

Dotación:

1 Manual de Carrocero
1 Manual Cabrestante
1 Manual Bomba CAT
1 Manual Vehículo
1 Barra Cabina
1 Gato
2 Triángulos
1 Calzos
1 Roda de reposto
1 Chave roda
2 Panquiñas
1 Cuña radera
8 Chaves persianas armario
1 Coxín Elevador V24 L
1 Cabrestante con mando
2 Chave contacto
1 Xogo de ferramentas básicas
1 Chave debandoira
1 Gancho remolque 3.500 Kg
1 Faro dianteiro Hella Xenon
1 Faro traseiro matador
1 Botella composite 6,8 l. 300 bar
1 Pantalla de sinalización con teclado
1 Manual Aspiradora
1 Manual Xerador
2 Extintores de po de 12 Kg
1 Coxín elevador V40
1 Man redutor 200-300 bar
1 Órgano de control simple 8 bar
1 Mangueira enchedura 10 bar
1 Dispositivo corte con soprete
1 Mangueira diámetro 45 mm
1 Manual teclado e pantalla electrónica
1 Aspiradora con accesorios
1 Equipo oxicorte
1 Lanza alta presión
1 Motobomba GP80 Premier 5000
1 Motoserra
1 Caixa de primeiros auxilios
1 Xerador Pramac S5000
4 Conos sinalización
1 Escaleira corrediza
1 Mangote de aspiración con alcachofa

18 de marzo de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.