María José Batán visita a praza de abastos de Lalín no inicio da campaña “Presume de praceiro/a”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+
Batán na praza de abastos

Batán na praza de abastos

A concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán, desprazouse este mediodía á Praza de Abastos de Lalín, neste día no que se vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña “Presume de praceiro/a” coa que se trata de resaltar a importancia que ten esta figura profesional, ao tempo que incentivar as compras neste mercado de proximidade e de venda de produtos de primeira calidade.

DOUS SORTEOS

A iniciativa, desenvolta pola administración autonómica a través da Dirección Xeral de Comercio en colaboración coa local, permite que os clientes da Praza de Abastos lalinense podan votar polo seu praceiro ou praceira favorita. Entre todos os votos recibidos celebraranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio, nos que se sacarán tres papeletas que resultadas premiadas con 75, 50 e 25 euros en bonos de compra para impulsar as vendas da Praza lalinense. O/a mellor praceiro/a sairá do reconto de todos os votos recibidos e o/a elixido/a verá recoñecida a súa profesionalidade nun acto público.

A campaña ten por obxectivo potenciar as prazas de abastos como peza clave na estrutura comercial e na dinamización das vilas e cidades e este ano desenvólvese en 102 localidades.

18 de marzo de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.