Marcón celebra este domingo da sétima edición da Festa da Fabada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra colabora coa Festa gastronómica da fabada que este domingo chega á súa sétima edición. Organizada polo Club de fútbol Marcón, terá como pregoeiro a Miro Magariños.

A partir das 13.00 horas abrirase a carpa no campo da festa de Marcón. Están previstas as actuacións dos grupos Calibre e Sabor ao longo da
xornada. O Club deportivo organiza tradicionalmente esta festa co obxectivo de sufragar os gastos da temporada, que esta é especialmente custosa dado que o club chegou ás case 150 fichas.

A previsión dos organizadores é chegar ás 600 racións de fabada que terán un custe de 7 euros por ración, incluído un bolo de pan e un vaso de viño ou de auga.

14 de marzo de 2013 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.