Maratón 24 horas de futbol Sala en Vila de Cruces

Presentación do evento
A empresa de xestión deportiva Discóbolo, S.C. en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Vila de Cruces organizan para esta Semana Santa un Maratón de fútbol Sala no pavillón municipal de deportes.
A competición levarase a cabo os vindeiros días 28 e 29 de marzo, aberto a tódolos clubes e equipos que queiran participar no mesmo. A inscrición por equipo é de 100 € e os premios que se repartirán según a clasificación serán de 1.200 € para o campión, 400 € para o según clasificado e 150 € para o terceiro na clasificación. Así mesmo, autorgaranse trofeos ao mellor equipo local, ao porteiro menos goleado e ao máximo goleador.
Esta competición retomouse fai agora nove anos, acadando nas últimas edicións unha importante participación de equipos, chegando na pasada edición á participación de 24 equipos deportivos.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro día 26 de marzo ás oito da tarde, sendo o sorteo para determinar os enfrentamentos ese mesmo día ás 21:30 horas.











