Malú, José Sacristán e Eva Hache, algúns dos artistas que pasarán polo teatro Jofre
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, xunto co concelleiro de Cultura, Manuel Reyes García Hurtado, presentou esta mañá a nova tempada de espectáculos escénicos que terán lugar no Teatro Jofre no segundo trimestre deste ano. O Concello conta cunha programación cultural que o edil de Cultura describiu como “a mellor de toda a provincia de A Coruña tendo os nosos recursos”.
Entre os espectáculos, García Hurtado destacou a representación de obras de teatro como “Yo soy D. Quijote de la Mancha”, con José Sacristán; “O cabaleiro das botas azuis”, unha obra ao redor da figura de Rosalía de Castro; ou “Fisterra”, de Eva Hache e que chega a Galicia a través de Ferrol. Os ciclos “Son(s) do Jofre” traerán á cidade naval a artistas como Malú, o grupo Sidonie ou o galego Xoel López que son outras das propostas desta nova tempada xunto coa programación infantil das obras “El principito”, “Mowgli, el libro de la selva” ou “La vuelta al mundo en 80 días”, gañadora de 4 premios FETEN. Un espectáculo que escolle a Ferrol coma a primeira cidade galega en visitar.
Para descargar a programación completa pinchar aquí.











