Máis de 500 persoas celebran o Día do Pai no Pavillón Municipal de Panxón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+
Asistentes ao acto

Asistentes ao acto

A festa do día do pai celebrada onte no Pavillón Municipal de Panxón desenvolveuse cun éxito rotundo, coa asistencia de máis de 500 persoas entre pais e nenos. Durante tres horas, os asistentes puideron gozar dunha tarde de diversión coa instalación de dous inchables, un deles con piscina de bólas, e un taller de xogos xigantes, como o conecta4, twister, escaleira, diana, rañaceos XXL, parchís e xadrez, e de forma totalmente gratuíta.

20 de marzo de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.