IV edición da Exaltación de Bacallau e Cabrito no Certame ‘Vila de Verín’ e Feira do Lázaro
Dentro das actividades programadas dentro da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ e co obxectivo de seguir promocionando os produtos tradicionais da comarca, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM), en colaboración co Concello de Verín, promove a cuarta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’.
Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos, durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 18 e 21 euros. Os restaurantes O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, San Roque, Brasil, Casa Manola e Parador de Turismo de Verín son os establecementos que participan na terceira edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’, e que ofertan os seguintes menús a veciños/as e visitantes:
Hostal Restaurante O Augueiro
1º Menú: 19 euros
– Empanada de bacallau
– Cabrito asado
– Sobremesa
– Pan, viño da D.O. Monterrei e Café
2º Menú: 17 euros
– Polbo á Feira
– Bacallau ao “Estilo Augueiro”
– Sobremesa
– Pan, viño da D.O. Monterrei e Café
Hostal Restaurante Lugano
Menú: 18 euros
Primeiros:
– Ensalada de gromos com vinagreta de albahaca
– Prensado de lacón con pementos
Segundos:
– Cabrito asado “Val de Monterrei”
– Bacallau gratinado con muselina de pataca e aceite de oliva negra
Sobremesas caseiras e viño da D.O. Monterrei
Restaurante O Castelo
Menú: 18 euros
– Trufados da casa
– Pementos recheos de bacallau
– Paletilla de cabrito ao forno
– Torta de queixo
– Viño da D.O. Monterrei, café
Restaurante O Candil
Menú: 19 euros
Primeiros:
– Caldo
– Empanada galega
– Salteado de cogomelos
Segundos:
– Bacallau ao “Estilo Candil”
– Cabrito con pementos de Oímbra
Sobremesas caseiras e viño da D.O. Monterrei
Hostal Restaurante San Roque
1º Menú: 18 euros
– Pementos de piquillo recheos de bacallau
– Cabrito asado con ensalada primavera
– Sobremesa especialidade da casa
– Viño da D.O. Monterrei
2º Menú: 20 euros
– Empanada galega de bacallau con uvas pasas
– Cabrito asado con salteado de cogomelos
– Sobremesa especialidade da casa
– Viño da D.O. Monterrei
Hostal Restaurante Brasil
1º Menú: 19 euros
– Petiscos da casa
– Sinfonía de cogomelos revoltos con labras de cabrito á redución de viño tinto
– Papillote de bacallau ao follado
– Variedade de sobremesas caseiras a elexir
– Viño da D.O. Monterrei
2º Menú: 21 euros
– Petiscos da casa
– Milfollas de bacallau ao estilo da casa.
– Asado de cabrito leital “Especialidade Brasil”
– Variedade de sobremesas caseiras a elexir
– Viño da D.O. Monterrei
Restaurante Casa Manola
1º Menú: 21 euros
-Endivias recheas de bacallau
-Revolto de Grelos con bacallau
– Costeleta da casa
– Variedade de sobremesas caseiras a elixir
-Viño da D.O. Monterrei
2º Menú: 19 euros
-Tosta de queixo de cabra con marmelada de framboesa
-Tosta de beico con pementos de Oímbra
-Bacallau á grella
-Variedade de sobremesas caseiras a elixir
-Viño da D.O. Monterrei
Parador de Turismo de Verín
Menú: 21 euros (menú non dispoñible sen reserva previa no Parador)
– Aperitivo de benvida seleccionado polo Xefe de Cociña
– Revolto de Lázaro con grelos e gambas
Segundo plato a escoller entre:
– Bacallau ao forno con asado de pementos
– Cabrito guisado do val de Monterrei con patacas da Limia
– Filloas recheas de crema
Viño branco ou tinto da D.O. Monterrei, augas minerais, café ou infusión
Por outra banda, esta iniciativa gastronómica contará este ano cunha importante novidade: a colocación da carpa ‘Puertas de Galicia‘ nos exteriores do Pavillón Feiral, no que os/as verinenses e visitantes poderán coñecer un menú degustación de bacallau e cabrito, cun prezo de 23.5 euros, e que está conformado por os seguintes pratos: Carpaccio de bacallau ou Cabrito a baixa temperatura (Premio Gran Cigarrón 2012) coma primeiros, e Ensalada de arroz salvaxe con virutas de cabrito ou Bacallau ao forno de segundos, ademais dunha sobremesa especial AEHCOM e viños da Denominación de Orixe Monterrei (os/as asistentes poderán acudir a esta carpa ben o sábado noite ou o domingo 17 de marzo no xantar).
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Aopil SL, Esinor, AEVER-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín) e AEHCOM.











