Incorpórase ás súas prácticas laborais a primeira dos bolseiros concedidos pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
A rexedora recibindo á bolseira

A rexedora recibindo á bolseira

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, recibiron esta mañá a un dos cinco bolseiros en prácticas que traballarán durante os vindeiros seis meses no Concello de Mos concedidos polo Plan de Prácticas Laborais da Deputación de Pontevedra.

As repesentantes municipais recibiron esta mañá, concretamente, á bolseira diplomada en Turismo que traballará para a concellería de Cultura mosense atendendo ós usuarios da oficina de turismo municipal sita nas Angustias, parroquia de Sanguiñeda. Esta traballadora, ó igual que os outros catro que se irán incorporando progresivamente ós seus postos na administración local, ten un contrato laboral de seis meses de duración prorrogable a outros seis meses máis.

Os outros catro bolseiros concedidos pola Deputación son un educador/a social e un psicopedagogo/a para a concellería de Educación e Participación Cidadá, un diplomado en Empresariais para a concellería de Formación e Emprego, e un enxeñeiro/a técnico industrial para a concellería de Urbanismo.

Gracias a este plan da Deputación de Pontevedra, cinco mozos e mozas titulados universitarios sen experiencia laboral previa poderán realizar a súa formación práctica no Concello de Mos. Deste xeito completarán a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral cunha remuneración de 800 euros mensuais e un horario de 35 horas semanais distribuídas en 28 horas de práctica e 7 horas de formación teórica.

Cada bolseiro dispón dun titor ou titora no departamento no que pasa a integrarse no Concello, que se encargará de orientalo na práctica laboral e impartirlle a parte teórica de 7 horas semanais.

O motivo da adhesión do Concello de Mos a este plan provincial é que dende a administración local se tenta facilitar a través dos propios plans municipais de emprego e daqueles plans de fomento do emprego que proveñen doutras administracións a posibilidade de que determinados colectivos con dificultades de inserción adquiran as competencias e habilidades necesarias para a súa incorporación ao mercado laboral, nunhas condicións óptimas. Por elo, o Concello de Mos presentou a súa proposta para recibir bolseiros de diferentes titulacións que se adscribiran a diferentes departamentos, aos que se adapte a súa titulación, e desta maneira puideran adquirir as competencias e práctica profesional que lles facilite o acceso ao mercado de traballo ao término do seu período de prácticas.

Deste xeito o Plan de Prácticas Laborais da Deputación incorpórase ó Plan de Acción Local para o Emprego do Concello de Mos en aras de acadar obxectivos tales coma facilitarlles ás persoas desempregadas tituladas universitarias, residentes en Mos, e sen experiencia profesional, unha posibilidade de incorporación a un traballo que lles facilite a súa introducción no mercado laboral e unha experiencia profesional básica e efectiva, para que no futuro lles sexa máis factible o desempeño dun traballo adecuado ao seu perfil; incorporar a estes titulados/as universitarios/as á bolsa de emprego do municipio, o que facilitará que posteriormente ou durante o perído de prácticas o contacto con empresas do municipio ou de fora do mesmo, que poidan estar interesadas nun perfil profesional que coincida coa persoa en prácticas; e enriquecer o traballo dos departamentos da entidade local, con novos puntos de vista que poidan aportar estes bolseiros/as.

O educador/a social e o psicopedagogo/a que participarán no programa de apoio á área de Educación e Participación Cidadá realizarán prácticas laborais relacionadas coa dinamización xuvenil e cidadá, e participación dos mesmos nas distintas actividades programadas e dirixidas nenos e nenas e promoción e fomento da participación cidadá da poboación do municipio en diferentes actividades programadas dende a concellaría para o período 2013.

O diplomado/a en Empresariais que se incorporará ó programa de apoio ó Plan Municipal de Emprego traballará no Servizo de Asesoramento ao Emprendedor (SAE-Mos) atendendo e asesorando dentro do posible ao emprendedor, dinamizando este departamento, organizando formación específica, atendendo a aula do emprendedor e dinamizando a parte específica da páxina web adicada ao emprendedor.

O enxeñeiro/a técnico industrial que fará prácticas no departamento municipal de Urbanismo asistirá á oficina técnica de enxeñería industrial revisando documentación técnica esixida pola normativa actual en tramitación de expedientes de licencias de actividades, acompañando a visitas de inspección, e tutelando na realización de proxectos e memorias técnicas.

E por último, a bolseira diplomada en Turismo que hoxe iniciou o seu período de prácticas no Concello de Mos adicarase á promoción turística local na oficina de turismo municipal co fin de poñer en valor os recursos arquitectónicos, patrimoniais, culturais e etnográficos da localidade.

12 de marzo de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.