III Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’

Presentación da Andaina
A casa consistorial de Verín acolleu esta mañá a presentación da III Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo, que terá lugar o vindeiro domingo 24, e que está organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas.
Durante o acto, ao que asistiron Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde do Concello de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Mocidade, Deportes e Festexos de Verín; Juan Paz, director de márketing de Augas de Cabreiroá, Elisardo Domínguez, responsable de Cabreiroá en Verín, Amaya Álvarez, responsable da asociación da Ruta das Augas, e Mario Álvarez, de Multisport Verín, presentáronse as tres probas:
- III Andaina ‘Pozo do Demo’
– O percorrido desta andaina é de 18,5 quilómetros, dificultade media, e a saída, ás 9.30 horas, terá lugar desde o Pavillón de Deportes de Verín, ao igual que a chegada (a entrega de premios e sorteos de agasallos será ás 13.15 horas).
– Saída dende o Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender, rodease pola parte traseira ata chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituallamento), para emprender toda a baixada pola zona coñecida como A Fraga, facendo unha ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.
– A recollida de dorsais pódense realizar o venres e sábado, 22 e 23 de marzo, respectivamente, durante mañá e tarde no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 24 de marzo, de 8 ata 30 minutos antes de comezar cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.
– Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: a baixada polo Pozo do Demo discorre por pequenos penedos e restos de grava ou area polo que existe certo perigo de producirse pequenos esguinces ou perdas de equilibrio, facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto (tipo botas para camiñar), non é aconsellable o tenis deportivo para prevenir esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola Organización.
- Carreiras Escolares -nas categorías de benxamín (nados en 2004 e 2005), alevín (2002-2003), infantil (2000-2001) e cadete (1998-1999)-.
– Saída e chegada: Pavillón de Deportes.
– Hora: 10 horas (categoría benxamín), 10.10 horas (alevín, 10.20 horas ( infantil) e 10.30 horas (cadete).
– Distancia: 700 metros (benxamín), 1000 metros (alevín) e 2000 metros (infantil e cadete).
– A recollida de dorsais pódense realizar o venres e sábado, 22 e 23 de marzo, respectivamente, durante mañá e tarde no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 24 de marzo, de 8 ata 30 minutos antes de comezar cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A entrega de trofeos terá lugar ás 10.40 horas no Pavillón de Deportes.
- III Carreira de Monte ‘Pozo do Demo’ (Circuíto Correr en Galicia de Montaña 2012-2013: Coeficiente 3.60)
– A saída desta proba, de 11.37 kilómetros e dificultade media, terá lugar ás 11.30 horas desde o Balneario de Cabreiroá e a chegada será no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.
– Categorías:
* Xuvenil (1996-1997).
* Xunior (1994-1995).
* Promesa (1991-1992-1993).
* Senior (1990 e anteriores ata chegar a Veterano).
* Veterano (dende o día que se cumpre 35 anos).
* Superveterano (dende o día que se cumpre 46 anos en adiante).
– Características Técnicas:
* Altitude> Mínima (371 metros) – Máxima (610 metros).
* Desniveis Acumulados> Subindo (274 metros) – Baixando (283 metros).
* % Máximo de Subida: +34,4 % ( Quilómetros 4,46 durante 410 metros).
* % Máximo de Baixada: -17,9 % ( Quilómetros 6,40 durante 285 metros).
* Avituallamento líquido: Quilómetros 5,04 a 576 m de altitude.
* Tipo de Terreno: pistas de terra e monte: 9,93 quilómetros (87,34 % da prova) e asfalto: 1,44 quilómetros (12,66 % da prova).
– Tras a saída do Balneario de Cabreiroá, a ruta continua nuns primeiros quilómetros de tobogáns por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un regato (quilómetro 1). Despois de pasar por debaixo da autovía A-52 e afrontar outro pequeno regato, comeza a subida ao monte Monte Maior (quilómetro 4). Tras coronar a esixente rampa final de 400 m ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan, dende onde se pode observar todo o val de Verín, e onde estará asentado un avituallamento líquido (quilómetro 5). Comeza unha veloz baixada con bo firme e pouco técnica por pistas cun desnivel máis moderado que antes, para continuar en trazados de monte ata volver a pasar por debaixo da autovía (quilómetro 7). Dende alí, a carreira gozará dun divertido e sinuoso traxecto por bosque que acercará aínda máis aos corredores ao contacto coa natureza. A falla de 1,5 quilómetros para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no Pavillón de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan.
– Sinalización: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan.
– A recollida de dorsais pódense realizar o venres e sábado, 22 e 23 de marzo, respectivamente, durante mañá e tarde no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 24 de marzo, de 8 ata 30 minutos antes de comezar cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. (os dorsais recóllense neste lugar non na saída do balneario de Cabreiroá).
– Con respecto aos premios e agasallos, ás 13.15 horas, entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo, e un obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos.
– Entre as recomendacións efectuadas desde a organización para os participantes atópanse: buscar aparcadoiro nas proximidades do Pavillón de Deportes (para recoller o dorsal), sobre todo na rúa Canella Cega que está paralela a rúa do Pavillón e trasladarse ata a saída no Balneario facendo trote, aproveitando para quentar (situada a dous quilómetros), as taquillas están na Piscina Climatizada e emprego de zapatilla técnica para Carreiras de Montaña).
Entre os servizos que atoparán os/as participantes III Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’ atópanse: control de Policía Local, Protección Civil e de Cruz Vermella, vestiarios e duchas no Pavillón Municipal de Deportes e Piscina Climatizada, gardería infantil gratuíta (para fillos/as dos participantes) e avituallamento líquido en carreira e meta, e durante a entrega de premios e agasallos.
As inscricións poderán realizarse ata o 20 de marzo, no Pavillón de Deportes e Multisport, así como nos correos electrónicos pozododemo@verin.net // buzon@multisport.es. Os datos que se deben facilitar: proba (andaina, benxamín, alevín, infantil, cadete ou carreira de monte), nome completo e apelidos, data de nacemento, DNI categoría (só para as carreiras), enderezo completo, teléfono de contacto, club (nome), asociación de pertenza ou independente. Os/as participantes da andaina e carreira deben abonar dous euros ao recoller o dorsal, mentres que a participación é gratuíta no caso das carreiras escolares.
Na II Carreira-Andaina de Monte ‘Pozo do Demo’ está patrocinada por Cabreiroá, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER)-CCU Verín, Denominacion de Orixe Monterrei, Gadis, HortoVerín S.L., Multisport Verín, Hi-Tec e Coca-Cola. Tamén conta coa colaboración de Saudeter, Cruz Vermella Monterrei, Protección Civil de Verín e Vilardevós, BTT Verín, Cadena COPE, Os Trotamoteiros, Inorde e Asociación Cultural O Cigarrón.
Ofertas turísticas a prezos especiais
Por outra banda, a hostelería de Verín oferta paquetes turísticos a prezos especiais para o fin de semana do 23 e 24 de marzo en réxime de media pensión (aloxamento sábado + cena sábado + almorzo domingo).
Especial estancia fin de semana en Verín – Andaina Pozo do Demo: desde 30 euros/persona
– Hostais Restaurante Brasil, Lugano, O Augueiro, San Roque e San Luis: 30 euros/persoa.
– Parador de Turismo de Verín: 58 euros (prezo por persoa en habitación doble) ou 92,80 euros (prezo por persoa en habitación individual).
– Aldea rural A Cortiña (turismo rural): 40 euros/persoa en habitación doble ou 60 euros/persoa en habitación individual.
– O Retiro do Conde (turismo rural): 50 euros/persoa.
Menú especial desde 12 euros/persoa
Nesta oferta participan os restaurantes Brasil, Lugano, O Augueiro, San Roque, San Luis, Parrillada A Lousa e Parador de Turismo de Verín.
Visita gratuita a adegas da Denominación de Orixe Monterrei
– Crego e Monaguillo SL: degustación + visita adega, o 23 de marzo, de 18 a 21 horas.
– Vía Arxentea: degustación + visita adega, o 23 de marzo (de 11 a 13 e de 15 a 19 horas) e o 24 de marzo (de 15 a 19 horas).
– Abeledos: degustación + visita adega, o 23 e 24 de marzo (de 11.30 a 14 e de 16 a 21 horas).
Os/As interesados/as en realizar devanditas visitas guiadas deben concretalas na Oficina de Turismo de Verín (Casa do Escudo. Avda. de San Lázaro ou no 988-411614). Por outro lado, no caso de querer efectuar unha visita guiada por Verín tamén a deben pechar na Oficina de Turismo, do 1 ao 20 de marzo.











