II Andaina pola Igualdade do Concello do Carballiño
A II Andaina pola Igualdade, que se celebrará o 10 de marzo, rexistrou un número record de inscritos, superando a cifra dos 300. Dende a área de Igualdade agradecen a todos os que van participar neste percorrida duns 13 quilómetros, partindo dende a Praza Maior, dirección a Mesego, Calvo Sotelo, igrexa de Mesego, Camino dous Arrieiros, Adegas, Suba a Mesego, baixada polo IES Chamoso Lamas, Parque Municipal, Paseo Arenteiro, Balneario, e subida novamente á Praza Maior.
Durante o camiño contarase coa axuda dos membros da Policía Local e Protección Civil, e con avituallamento para repoñer forzas. Un avituallamento que será posible grazas a colaborárelos da marcha, Eroski Center e panadaría Darriba. A edil Purificación Alberte agradece o xesto desta dúas firmas comerciais, que dunha forma desinteresada ofreceron o seu apoio á organización desta.
Esta marcha esta enmarcada dentro dos actos que dende a área de Igualdade e Benestar Social, se organizaron para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, que terá lugar o próximo 8 de marzo.











