Igualdade e Benestar Social informa do novo programa de termalismo para os maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

A concellaría de Igualdade e Benestar Social do concello do Carballiño, que dirixe a edil Purificación Alberte, conta xa con toda a información do programa de 2013 de termalismo para os maiores, orhganizado pola Xunta de Galicia.

Este ano convócanse un total de 603 prazas para participar no Programa de benestar en balnearios.La totalidade das prazas que se ofertan este ano corresponden á modalidade de Balnearios, opción de “todo incluído”.

Os establecementos termais nos que se ofertan prazas, serán os seguintes:

– Balneario de Acuña – Caldas de Reis (Pontevedra)
– Balneario de Arnoia (Ourense)
– Balneario de Augas Santas – Ferreira de Pantón (Lugo)
– Balneario de Baños de Brea – Vina de Cruces (Pontevedra)
– Balneario de Baños de Molgas (Ourense)
– Balneario de Caldelas de Tui – Tui (Pontevedra)
– Gran Balneario do Carballiño (Ourense)
– Balneario de Carballo (A Coruña)
– Termas de Cuntis (Pontevedra)
– Balneario de Laias – Cenlle (Ourense)
– Balneario de Lobios – Lobios (Ourense)
– Balneario do Río Pambre – Pas de Rei (Lugo)
– Balneario Termas Romanas

Os servizos que se ofertan neste programa son: Aloxamento e manutención en régime de pensión completa e en cuartos de uso compartido, durante 10 días e 9 noites.

Tratamentos termais básicos, que comprenderán: o recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario co número de tratamentos establecido no compromiso escrito adquirido polo balneario; o seguimento médico do tratamento, con informe final a petición da persoa interesada.

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

a. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e encontrarse en condicións de participar no Programa.

d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.

e. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción destes.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que fagan falta os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e) e f) e g) da presente instrución.

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e), acreditarase mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

As persoas interesadas en beneficiarse do programa terán que presentar a solicitude dentro do prazo establecido, conseguir a puntuación que lle permita.

Todos os interesados neste programa poderán pasar polas dependencias de Benestar Social do concello do Carballiño, situadas na rúa Faustino Santalices, de luns a venres en horario de mañá.

A data límite para inscribirse no programa termal para maiores é o 12 de abril.

22 de marzo de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.