Homenaxe aos maiores máis activos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

A Concellaría de Servizos Sociais informa de que o centro cívico municipal de Artesanos organizou para mañá, martes 12 de marzo, un acto de homenaxe a todas as persoas maiores que seguen estando activas.

Nesta ocasión, o departamento que dirixe Miguel Lorenzo homenaxeará a Carmen Gómez López, participante de máis en idade nas actividades do centro cívico municipal de Artesanos. A celebración comezará ás 19.00 horas coa actuación da Coral Polifónica El Eco. O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, entregará un ramo de flores e unha placa á homenaxeada.

11 de marzo de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.