Homenaxe á muller de Dodro

Homenaxeadas
O Concello de Dodro con motivo do Día internacional da muller rendeu hoxe HOMENAXE Á MULLER DE DODRO.
O acto, moi concorrido, celebrouse ás 17 h no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de servizos sociais e igualdade Marisol Boga.
Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares.
A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción.
A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo “o pilar dunha familia”, quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores.
O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.
A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe.











