Gloria Amil e Patricia Rodríguez ofrecerán no teatro Jofre o concerto “Arias de ópera e zarzuela”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura dirixida por Manuel-Reyes García Hurtado, e en colaboración coa  Sociedade Filharmónica Ferrolá organiza para mañá venres, día 22, un concerto lírico no Teatro Jofre. As sopranos Gloria Amil e Patricia Rodríguez xunto co pianista Manuel Burgueras subirán ao escenario do teatro municipal ás 20:30 horas para presentar ao público “Arias de ópera e zarzuela”.

O programa do concerto estará dividido en dúas partes e é o seguinte:

1º parte

– G.F. HAENDEL (1685-1759): “E pur così… Piangerò”

– W.A. MOZART (1756-1791): “Dans un bois solitaire” KV 308; “Als Luise die Briefe” KV 520; “An Chloe” KV 524; “Porgi amor”; “Sull´aria” (dúo)

– G.PUCCINI (1858-1924): “Ch´il bel sogno di Doretta”

2º Parte

– L.DELIBES (1836-1891): “Dúo de las flores”

– J.MASSENET (1842-1912): “Elle est charmante!…”; “Allons! Il le faut!… Adieu, notre petite table”

– G.BIZET (1838-1875): “Me voilà seule… Comme autrefois”

– I. STRAVINSKY (1882-1971): “No word from Tom… I go to him”

– M.FDEZ. CABALLERO (1835-1906): “Es este Burdeos…”

As entradas poden ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (no apartado de Axenda Cultural); e no propio  despacho do teatro municipal.

21 de marzo de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.