Gañadores no concurso de tarxetas do Día da Muller Traballadora
O xurado encargado de valorar o Concurso de Tarxetas do Día da Muller Traballadora. Convocado polo Centro de Información a Muller (CIM) de Palas de Rei en conmemoración do 8 de marzo, día Internacional da Muller Traballadora, para os alumnos e alumnas do C.E.I.P. de Palas de Rei, baixo o tema central da: muller e o seu traballo na actualidade, acabou determinando como gañadores os seguíntes:
1º Educación Infantil (3, 4, 5 anos): Gael Vázquez Villasante.
2º Educación Primaria (6,7 anos): Álvaro Miguez Pérez
3º Educación Primaria (7,8 anos): Martín Porto González
4º Educación Primaria (9,10 anos): Shaila Pereira Ferreira
O xurado fixo especial valoración na orixinalidade e creatividade das tarxetas presentadas ao concurso. Agora a estes gañadores, o Centro de Información a Muller, faralles entrega dos seus respectivos premios.
Ademais desta actividade o Centro de Información a Muller de Palas de Rei, para conmemorar dita efeméride, desenrolou dúas charlas-coloquio; como son as de: “Corresponsabilidade e Conciliación” e a de” Prevención das Drogodependencías en adolescentes” que contaron ámbas cunha notable asistencia.











