Futuro da rede ferroviaria no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño iniciou estes días as xestións oportunas destinadas a solicitar toda a información oficial existente en materia de transporte ferroviario en Galicia, e máis en concreto á situación presente e futura da rede ferroviaria no Carballiño. Estas xestións veñen motivadas polos rumores, noticias e comentarios que dende hai un tempo están a circular polo Carballiño, en relación a ao posible supresión de trens con paradas na estación carballiñesa e, polo tanto, a posible redución de transporte dende esta vila ás principais cidades de Galicia.

O alcalde comunicou ao conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, o seu interese por contar con toda a información referente a este tema, e ao mesmo tempo solicitou unha reunión co responsable desta consellería no menor tempo posible, xa que entende necesario aclarar canto antes este asunto das comunicacións ferroviarias no Carballiño.

Argimiro Marnotes non quere iniciar ningún movemento municipal ata non coñecer con seguridade a situación das liñas de tren “na vila, “entendendo que non debemos alterar” nin “preocupar aos veciños ata que non saibamos a veracidade ou non deses comentarios que existen nestes momentos”.

26 de marzo de 2013 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.