Flores traslada o seu apoio aos traballadores encerrados na Fábrica de Armas
O Voceiro do Goberno municipal, Julio Flores, trasladou esta mañá o seu apoio aos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña aos que lles adiantou que tanto o Concello coma a Xunta de Galicia seguen traballando para conseguir máis tempo que permita a continuidade da factoría. “É certo que a boa noticia é que non hai noticia e polo tanto non se pecha hoxe a Fábrica de Armas, e tamén hai que recoñecer que se deu un mes máis de tempo; pero é absolutamente insuficiente. Dende o Goberno municipal xa lle manifestamos a General Dynamics que necesitamos de prazo polo menos ata decembro para buscar esa alternativa que sabemos que existe. A Fábrica de Armas é o pasado e o presente desta cidade e tamén será o futuro xa que ten todo o que necesita: traballadores cualificados, experiencia, tecnoloxía e posibilidade de carga de traballo”, explicou Flores.
“A empresa enviou unha carta na que tratou de desculparse aludindo á crise económica ou a diminución de pedidos, algo que non nos parece razoable. O principal problema é que a propia empresa entende que está liberada de calquera compromiso xa que en 2007 o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, a través da SEPI, lles manifestou que xa cumpriran os seus compromisos en España; ademais, en 2008 tanto o Goberno central coma o anterior Goberno municipal non foron capaces de facer realidade o proxecto que trasladaría ao polígono da Grela á factoría sendo así máis competitiva. Pero agora temos que centrarnos en mirar cara a diante que é o que queremos para a nosa Fábrica de Armas, ofrecer en mensaxe unánime e sen fisuras para non tirar por terra ese potencial humano,”.
O Voceiro municipal tamén fixo referencia ao Plan Xeral e ás críticas da oposición sobre edificios fóra de ordenación. “É normal que se se xere confusión porque determinados políticos, en lugar de sumar e traballar en positivo, tratan de confundir e causar alarma. O fóra de ordenación existía cando se aprobou inicialmente o Plan Xeral polo anterior Goberno municipal e que deixaba fóra á metade dos edificios da Coruña. Nós comprometémonos a rematar con esa barbaridade da que foi autora intelectual a actual voceira do PSOE no Concello, Mar Barcón. Agora imos contestar a cada unha das 27.000 alegacións que se presentaron ao Plan Xeral do bipartito”, explicou.
“Outra cousa diferente é o PEPRI, o Plan de Especial Protección que regula o Casco Histórico e que depende da Secretaría Xeral de Patrimonio de la Xunta por tratarte dun ben de interese cultural. Neste sentido, a Xunta apunta que vai estudar edificio por edificio e que nestes casos o máis habitual é que algún elemento dalgún edificio como un ventanal ou un balcón poida quedar fose de ordenación ao igual que algún edificio. É algo absolutamente normal e puntual e estase a utilizar de forma malintencionada este tema que está absolutamente claro”, manifestou Flores e engadiu: “Barcón foi a autora intelectual dun plan que intentou deixar fóra de ordenación a metade dos edificios da cidade, a autora tamén dos grandes escándalos urbanísticos da cidade como o caso Someso que nos vai custar 40 millóns de euros, ou o burato do Parrote”.











