publicidade hoxe

Finalizan as obras de asfaltado nas estradas da Paxariña e da Lavandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Rúas melloradas

Camiño sobre o que se efectuou a mellora

Xa están finalizadas as obras do PEIM (Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural)2012 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias, a través do Convenio de cooperación establecido entre o
Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, que ascende a unha partida total de 77.156,95€.

A Consellería de Medio Rural foi a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA. A estrada da Paxariña conta coa reposición dunha capa de rodaxe dunha lonxitude de 604m, nunha estrada presentaba xa grietas no firme, que dificultaban a conducción dos veciños e veciñas. O orzamento da pista ascende a un total de 37.366,03 €. O outro punto no que tamén se remataron as obras é no camiño da Lavandeira-Igrexa en Parderrubias, no barrio do Piñeiro, onde xa se están a facer os retranqueos de muros, obra para a cal
o Concello investiu un montante de 15.000 € de fondos propios para que TRAGSA poda iniciar as obras para a realización do firme, en total son 270 m e o ancheamento da vía que vai a permitir o paso de vehículos pola mesma, así como a colocación dunha ponte formada por un cubo de formigón de 6,20×2,20 que permitirá o paso de vehículos que atravesa o regato. Esta estrada permitirá o paso a un determinado número de casas, que tiñan un difícil acceso, así como unha saída viaria máis directa. 39.642,25€.

Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, considera que “son dúas obras fundamentais polo importante nivel de cobertura que vai a prestar aos veciños, o Concello está a apostar no investimento de comunicación do rural, a través do ancheamento de pistas e novos accesos, tanto con fondos propios como con axenos”.

21 de marzo de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.