Finaliza a investigación do accidente do día de reis na Avda. de Liñares Rivas
Finalizadas e entregadas no Xulgado de instrución as dilixencias de investigación sobre o accidente de circulación acontecido ás 08.00 horas do día de Reyes (6 de xaneiro) no cruzamento de Liñares Rivas con Marcial do Adaíl, no que se viron implicados tres vehículos con resultado de tres persoas feridas e cuantiosos danos materiais, o persoal do Equipo de Atestados finalmente formaliza e informa á Fiscalía da imputación de dous delitos contra a seguridade vial, por senllas conducións temerarias aos dous condutores que circulaban pola avenida de Liñares Rivas entaboando competencia de velocidade e internándose en varios cruzamentos consecutivos sen respectar a sinalización semafórica. Ademais, os dous condutores circulaban baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que tamén serían acusados.
En canto ao terceiro condutor, que circulaba por Marcial do Adaíl e cuxo coche resultou arremetido, tamén se informa o xulgado de que conducía despois de consumir bebidas alcohólicas que puidesen influír notablemente nos tempos de reacción e na valoración do risco ao internarse no cruzamento.











