publicidade hoxe

XVII Festa do Congro en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMuxía
A-
A+

20130320-16

O Concello de Muxía celebra o vindeiro 29 de marzo a Festa do Congro. Un evento gastronómico que xa vai pola XVII edición e que cada ano congrega a numerosos asistentes. A degustación dará comezo a partires das 13.00 h. na carpa do Paseo Marítimo, aínda que no caso de meteoroloxía adversa, os actos trasladaranse ao Polideportivo.

Ademais, do domingo 24 de marzo ao domingo 7 de abril exporase unha mostra de pintura de Gervasio Sar e Chérie Trillo na Casa das Beiras, onde tamén se atopará unha mostra de artesanía local.

20 de marzo de 2013 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.