Ferrol recolle a partir de mañá as solicitudes de axudas para entidades veciñais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol abre dende mañá mércores o prazo para a presentación de solicitudes para as subvencións a entidades veciñais do municipio para o presente exercicio de 2013. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publicou hoxe o anuncio da nova convocatoria deste programa de axudas, cun presuposto de 90.000 euros. As entidades veciñais terán un prazo de 20 días naturais para realizar a súas solicitudes para as achegas municipais.

O concelleiro de Participación, Jose Manuel Vilariño Anca, explicou que “a convocatoria para este ano mantén o presuposto económico do anterior, que fora de 90.000 euros, así como as dúas liñas de axudas”. A primeira, cun orzamento de 78.000 euros, servirá para o financiamento de actividades e programas das asociacións de veciños; e a segunda, para a que se destinan 12.000 euros, servirá para sufragar os gastos de consumo eléctrico das agrupacións veciñais que, con anterioridade, tiñan que asumir eles mesmos estas facturas. Así mesmo, no que atinxe á primeira liña de subvencións, Vilariño Anca apuntou “as asociacións tamén poderán incluír nela obras menores nos seus locais sempre e cando non superen o 20% da subvención total que reciban”.

19 de marzo de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.