Ferrol recibe ao grupo de xornalistas internacionais que seguirán a Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Recepción aos xornalistas

Recepción aos xornalistas

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibirá hoxe, a partir das 20.00 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal, ao grupo de xornalistas procedentes de distintos países americanos que estes días visitan a cidade para darlle cobertura informativa á Semana Santa Ferrolá. Esta visita enmárcase no camiño emprendido polo actual goberno municipal de conseguir para esta Semana de Paixón  a Declaración de Interese Turístico Internacional. Unha iniciativa, na que o executivo de Rey Varela conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e a Coordinadora de Confrarías.

Así, as cousas e co obxectivo de lograr a maior e mellor difusión posible da Semana Santa, o Concello de Ferrol ten invitado a 15 xornalistas de medios internacionais que vivirán en primeira persoa os desfiles e o resto de actividades  que a cidade ofrece de forma paralela, como a Ruta da Construción Naval, os paseos en lancha pola ría ou as visitas guiadas ao Castelo de San Felipe, entre outras opcións de ocio que presenta Ferrol durante a que é a semana máis importante do ano para o municipio. Os medios de comunicación para os que traballan estes xornalistas son de gran relevanci polo seu número de lectores, tirada e distribución de exemplares:

– Revista “Nexos” de American Airlines, con 210.000 exemplares e case 9 millóns de lectores.

– O programa “Buen Viaje” del Canal TV Univisión de Porto Rico, con 6,5 millóns de espectadores.

– “Vista Magazine” de EE.UU, cunha tirada de 900.000 exemplares e 4,5 millóns de lectores.

– “El Tiempo”, de Colombia; con 512.000 exemplares e 1,8 millóns de lectores.

– “La Nación”, de Arxentina; con 354.000 exemplares e máis de 1,2 millóns de lectores.

– “El Universal”, de México; con 1,2 millóns de lectores.

– “El Mercurio”, de Chile; con 890.000 lectores.

– “El Comercio”, de Perú; con 700.000 lectores.

– Revista “Vida y Ëxito”, de Miami (EE.UU); con distribución tamén en Centroamericana e un número estimado de 320.000 lectores.

– “El Nuevo Herald”, de Miami (EE.UU); con 300.000 lectores.

Repercusión en Corea

Ademais cómpre salientar que, ao marxe da visita programada deste grupo de xornalistas, a televisión coreana KBS. Así, un equipo deste medio estará en Ferrol para seguir as procesións do xoves e venres santos. Tamén estarán estes días na cidade equipos de televisión pertencentes a medios de difusión nacional como Telecinco ou Cuatro; así como responsables de axencias como EFE ou a axencia internacional de fotografía AGE-Spain & France. Tampouco faltarán estes días as cámaras da TVG.

 

 

27 de marzo de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.