Ferrol pon a disposición as invitacións para os actos conmemorativos do día das Pepitas e da Irmandade con mondoñedo
O Concello de Ferrol informa que a partir de mañá mércores pódense retirar no despacho do Teatro Jofre as invitacións para asistir aos actos institucionais con motivo das Pepitas que se desenvolverán o vindeiro sábado, día 16 de marzo, a partir das 11.30 horas. A conmemoración deste festexo singular na cidade naval coincide, como é habitual, cos actos de irmandade co Concello de Mondoñedo. O horario de atención ao público do despacho do Jofre é o seguinte: de martes a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas; e entre as 18.00 e as 20.00 horas.
O programa de actos no Jofre é o seguinte:
– 11.00 horas: A Corporación Municipal de Ferrol recibe á de Mondoñedo, e aco seguido ten lugar a recepción aos músicos e rondallistas homenaxeados este ano, que son: Antonio Illobre Toimil, Roberto López Fraguela, José Enrique Pita Martiño e Javier Fernández Manso. Así mesmo, os alcaldes e concelleiros de Ferrol e Mondoñedo reciben ás madriñas e aos presidentes das Rondallas participantes na Noite das Pepitas.
– 11.30 horas. Tralas fotografías oficiais, xa sobre o escenario do Teatro Jofre acontecerá, en primeiro lugar, o acto de irmandade co Concello de Mondoñedo; que dará paso ás homenaxes con motivo da Noite das Pepitas.
– 12.30 horas. Actuación da Rondalla Añoranzas.
E pola tarde, trala conmemoración institucional, terá lugar o festexo popular. Äs 17.45, as rondallas estarán concentradas na praza de Armas; e as 20.00 horas comezará na praza de Amboage o festival. Compre lembrar, que o goberno municipal que preside Jose Manuel Rey Varela iniciou o iniciou os trámites para conseguir que a ferrolá Noite das Pepitas sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia por parte da Administración autonómica, co obxectivo de incrementar a súa proxección así como consolidar a marca Ferrol.











