Ferrol oferta unha ampla programación turística coincidindo coa celebración da Semana Santa
Un ano máis o Concello de Ferrol está preparado para celebrar a súa Semana Santa, que este ano ten un carácter aínda máis especial que de costume ao enmarcarse no proceso aberto polo goberno municipal que preside Jose Manuel Rey Varela para conseguir a súa declaración de Interese Turístico Internacional. Así as cousas, a cidade ofrecerá durante estes días unha variada oferta de ocio, que complementa os actos propiamente ditos da Semana Santa.
As actividades a realizar serán as seguintes:
Mércores 27
13:00 horas e 16:00 – 19:00 h (cada hora) – Paseo en lancha pola ría de Ferrol. 1 hora de duración. Explicación grabada. Prezo: 7 euros adultos e 4 euros, nenos de entre 4 e 10 anos e maiores de 65. Menores de 4 anos gratis. Os tickets expediranse no propio barco. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
17:00 horas – Visita guiada a pé a Confrarías de Ferrol (historia das Confrarías e preparativos das procesións). Saída da praza de Galicia (xunto ao Teatro Jofre). Venta de entradas FERTUR, no punto de saída. Prezo: 4 euros. Nenos ata 5 anos gratis.
Xoves 28
10:30 horas -Visita guiada ao Arsenal Militar. Preinscrición na oficina do porto -teléfono: 619177402- e con Fertur -teléfono:696531070-. Prezo :4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, na oficina de turismo do porto.
12:00 horas -Visita guiada a Navantia en city-tren. Saída da praza de Galicia ás 11:50 horas. Preinscrición na oficina de turismo do porto – teléfono: 619177402- ou con Fertur -teléfono: 696531070- . Prezo: 4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, no city-tren.

Venres 29

13:00, 16:00, 18:00 e 19:00 h – Paseo en lancha pola ría de Ferrol. 1 hora de duración. Explicación grabada. Prezo: 7 euros adultos e 4 euros, nenos de entre 4 e 10 anos e maiores de 65. Menores de 4 anos gratis. Os tickets expediranse no propio barco. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
17:00 horas – Visita guiada a pé a Confrarías de Ferrol (historia das Confrarías e preparativos das procesións). Saída da praza de Galicia (xunto ao Teatro Jofre). Venta de entradas FERTUR, no punto de saída. Prezo: 4 euros. Nenos ata 5 anos gratis.
17:00 horas – Barco a San Felipe para as visitas teatralizadas. Saída do porto de Curuxeiras, paseo pola ría e desembarco en San Felipe ás 17:45 aprox. Venta de billetes no barco. Prezo i/v: 5 euros adultos e 3 euros maiores de 65 e nenos de 4 a 10 anos. Os menores de 4 anos gratis. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
18:00 horas – Visita guiada e teatralizada a San Felipe. Venta de entradas por FERTUR no castelo. Prezo: 6 euros adultos e 4 euros nenos de 5 a 12 anos e maiores de 65.
Sábado 30
10:30 horas -Visita guiada ao Arsenal Militar. Preinscrición na oficina do porto -teléfono: 619177402- e con Fertur -teléfono:696531070-. Prezo :4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, na oficina de turismo do porto.
12:00 horas -Visita guiada a Navantia en city-tren. Saída da praza de Galicia ás 11:50 horas. Preinscrición na oficina de turismo do porto – teléfono: 619177402- ou con Fertur -teléfono: 696531070- . Prezo: 4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, no city-tren.
17:00 horas – Barco a San Felipe para as visitas teatralizadas. Saída do porto de Curuxeiras, paseo pola ría e desembarco en San Felipe ás 17:45 aprox. Venta de billetes no barco. Prezo i/v: 5 euros adultos e 3 euros maiores de 65 e nenos de 4 a 10 anos. Os menores de 4 anos gratis. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
18:00 horas – Visita guiada e teatralizada a San Felipe. Venta de entradas por FERTUR no castelo. Prezo: 6 euros adultos e 4 euros nenos de 5 a 12 anos e maiores de 65.
18:00 e 19:00 h – Paseo en lancha pola ría de Ferrol. 1 hora de duración. Explicación grabada. Prezo: 7 euros adultos e 4 euros, nenos de entre 4 e 10 anos e maiores de 65. Menores de 4 anos gratis. Os tickets expediranse no propio barco. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
Domingo 31
10:30 horas -Visita guiada ao Arsenal Militar. Preinscrición na oficina do porto -teléfono: 619177402- e con Fertur -teléfono:696531070-. Prezo :4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, na oficina de turismo do porto.
12:00 horas -Visita guiada a Navantia en city-tren. Saída da praza de Galicia ás 11:50 horas. Preinscrición na oficina de turismo do porto – teléfono: 619177402- ou con Fertur -teléfono: 696531070- . Prezo: 4 euros. Nenos ata 5 anos gratis. Venta de entradas FERTUR, no city-tren.
17:00, 18:00 e 19:00 h – Paseo en lancha pola ría de Ferrol. 1 hora de duración. Explicación grabada. Prezo: 7 euros adultos e 4 euros, nenos de entre 4 e 10 anos e maiores de 65. Menores de 4 anos gratis. Os tickets expediranse no propio barco. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
1 de abril (festivo en Ferrol)
13:00, 16:00 – 19:00 h (cada hora) – Paseo en lancha pola ría de Ferrol. 1 hora de duración. Explicación grabada. Prezo: 7 euros adultos e 4 euros, nenos de entre 4 e 10 anos e maiores de 65. Menores de 4 anos gratis. Os tickets expediranse no propio barco. O mínimo de pasaxeiros para o servizo é de 25 persoas.
Outras actividades
Ademais, as lanchas realizarán servizos a Mugardos dende Ferrol e viceversa. Os horarios de saída de Ferrol serán de 11:00 a 20:00 horas, cunha periodicidade dunha hora. Así mesmo, as saídas de Mugardos realizaranse de 11:30 a 20:30 horas, de cada hora.
Coma sempre, as visitas ao Castelo de San Felipe poderán realizarse por libre, excepto no tempo das visitas teatralizadas, dende as 10:00 ata as 19:15 aproximadamente. Tamén, o Museo Naval poderá ser visitado os días 28 e 29 de marzo de 9:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas; e os días 30 e 31 de 10:30 a 13:30 horas. E por último, o horario de Exponav dende o día 22 de marzo ata o 1 de abril será de 10:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:30 horas.
Difusión
O Concello de Ferrol realizou diferentes actuacións de promoción da Semana Santa, entre elas a organización da presenza na cidade de xornalistas internacionais dende pasadomañá, mércores 27, até o sábado, día 30 de marzo. Así mesmo, e en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, editáronse 24.000 libretos en galego, español e inglés, que inclúen o procesionario e as actividades turísticas programadas. Este folleto pódese consultar tamén en www.ferrol.es. Por outra banda, nas estacións de RENFE das principais cidades de Galicia colocáronse mupis con publicidade da Semana Santa, ademais doutros 15 en Ferrol.
E no que atinxe ás redes sociais, realizouse unha campaña publicitaria en Facebook dirixida a usuarios desta rede social residentes en Galicia, Madrid, Asturias, País Vasco, Barcelona e Valencia, principalmente. A nivel internacional, fíxose outra campaña en facebook dirixida nesta ocasión en exclusiva a usuarios británicos, aos que se lles direcciona a www.facebook.com/Ferroltourism.
Por último, contratáronse vallas de publicidade sobre a Ruta da Construción Naval en A Coruña, así como mupis en Santiago de Compostela.