Ferrol finaliza o itinerario de “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”
A Concellería de Emprego, que dirixe Martina Aneiros Barros, sinala que mañá venres remata o itinerario de inserción laboral con certificado de profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Este curso enmárcase no proxecto “Ferrol, punto de emprego II” da Administración municipal.
O curso de formación, que comezou o día 1 de outubro de 2012 tivo unha duración total de 560 horas,impartiuse -na fase de formación específica- nos locais COGAMI en Ferrol -homologados pola Xunta de Galicia para impartir a especialidade formativa-. Una vez rematada esta etapa as alumnas pasaron a realizar o módulo de práctica profesional titorizada en empresas -cunha duración de 160 horas- no Centro Gerontológico Euxa-Narón e na Residencia Geriatros-Ferrol. A edil ferrolá, Martina Aneiros Barros, explicou ao inicio do curso que tiña coma obxectivo “capacitar ao alumnado para atender a persoas dependentes no ámbito socio-sanitario das institucións, aplicando as estratexias e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoas e as súas relación co entorno”.
O pasado mes de xaneiro a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, asinou co alcalde do Concello de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, un acordo para que a acción formativa permitira a obtención do certificado de profesionalidade correspondente a “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. O proxecto “Ferrol punto de emprego II”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como finalidade proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condición de empregabilidade ao mercado laboral.











