Ferrol conmemora mañá mércores o XX Aniversario do Centro Torrente Ballester

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol conmemorará mañá mércores o XX Aniversario do Centro Torrente Ballester (CTB), cun acto a aberto á cidadanía en xeral, que terá lugar na antiga capela deste equipamento cultural a partir das 20.00 horas.  O programa do festexo consistirá na proxección de imaxes que resumirán algunha das mellores exposicións que acolleu o Torrente Ballester nestas dúas décadas e un concerto da Banda Ferrolá de Música baixo a dirección do mestre Narciso Pillo.

A Concellería de Cultura, ao fronte da cal está Manuel-Reyes García Hurtado, programou un concerto da banda municipal baseado nun repertorio de Verdi. Deste xeito, únense o 20 aniversario do Centro Torrente Ballester co 200 aniversario do nacemento do compositor e músico italiano. Así, os compoñentes da Banda Ferrolá de Música interpretarán “Nabucco”, “A forza do destino”, “Vésperas sicilianas” e “Aida” entre outras pezas mestras de Verdi.

12 de marzo de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.