Ferrol acollerá dende mañá até o 31 de marzo os campionatos galegos de tenis de mesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Presentación do evento

Presentación do evento

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, en colaboración do Club de Tenis de Mesa San Xoán, organiza os Campionatos Galegos de Tenis de Mesa. A edil Susana Martínez presentou hoxe este evento deportivo que se celebrará de mañá martes até o vindeiro día 31 de marzo no polideportivo do CEIP San Xoán de Filgueira.

A competición está aberta a todas as categorías dende benxamíns a veteranos tanto nas modalidades individuais como dobres. No torneo se darán cita un total de 400 xogadores -48 xogadores e 32 xogadoras por cada unha das categorías-. Ademais, esta edición de Ferrol será a primeira  na que se realicen sete Campionatos Galegos xuntos na mesma sede, polo a cidade naval nestas datas de Semana Santa será a capital do Tenis de Mesa a nivel autonómico.

Por último, Martínez Galdós, quixo felicitar ao Club San Xoán de Tenis Mesa pola organización deste evento que “traerá a moitos deportistas a Ferrol, o que é moi bo para o tenis de mesa, pero tamén para a cidade” sinalou.

25 de marzo de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.