Ferrol abre as becas para escolas infantís á rede pública da Galiña Azul

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Rosa Martínez na comparecencia

Rosa Martínez na comparecencia

A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, presentou hoxe en comisión informativa a proposta de bases reguladoras da convocatoria de axudas para escolas infantís para nenos e nenas menores de 3 anos. Este programa de axudas enmárcase no Plan de Oportunidades presentado polo alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, e que conta cun presuposto global de 500.000 euros para o presente exercicio de 2013.

Ao respecto do Plan de Oportunidades, Martínez Beceiro lembrou que un dos eixes do mesmo son medidas de apoio demográfico para frear a pérdida constante de poboación na cidade nos últimos anos; e dentro destas medidas están as novas modalidades de bolsas para escolas infantís. En total, o goberno municipal reserva 100.000 euros para financiar a mensualidade do custe dos nenos/as nados este ano, até un máximo de 166 beneficiarios. As familias, atendendo a un criterios de ingresos económicos e sempre que leven empadroadas en Ferrol un mínimo de un ano, poderán solicitar estas becas de até 50 euros por menor. Así mesmo, poderán optar a estas achegas os nenos/as que nados en 2013.

Martínez Beceiro explicou que, co obxectivo de que estas axudas poidan entrar en vigor canto antes, inicialmente se inclúen dentro destas axudas os nenos/as nados en 2013 que realicen unha inscrición previa nalgunha das oito escolas infantís concertadas coa Xunta de Galicia que están abertas no municipio: La Salle, Os Meniños, Belén, ABC, San Rosendo, Chip-Chop,. Ludy e Aloha. Ademais, a titular de Benestar explicou que estas becas estarán abertas ao longo de todo o ano e que á rede de escolas infantís que teñen convenio en vigor coa Administración autonómica unirase a partir de setembro a rede pública A Galiña Azul. “As axudas deste programa estarán dirixidas a nenos/as nados este ano e que estean escolarizados tanto na rede pública de escolas infantís como naqueles centros da cidade que teñan convenio coa Xunta de Galicia. Trátase de non excluír a ningún menor que cumpra cos requisitos establecidos nas bases”.

A previsión da Concellería de Benestar Social é que as becas para escolas infantís se podan solicitar dende este mesmo mes. Para iso, a concelleira Martínez Beceiro levará de novo o documento regulador das achegas a comisión informativa que terá lugar a vindeira semana; e na que se debaterán as suxestións e propostas que fagan os grupos municipais.

7 de marzo de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.