Fene pasa a ser sede de cursos da Red Xiana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co CONCELLO DE  FENE, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de FENE, ARES, MUGARDOS, NARÓN, NEDA, SAN SADURNIÑO e VALDOVIÑO.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

FENE achega as súas instalacións municipais para a impartición da acción formativa na especialidade de  MONTADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS.

As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario. A convocatoria e o prazo de inscrición daranse a coñecer en próximas datas.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

12 de marzo de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.