publicidade hoxe

Feira rural de Xermade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalXermade
A-
A+

Dende o Concello de Xermade vaise promover a realización dunha Feira Rural, o 1º e 3º xoves de cada mes, comezando o xoves 4 do vindeiro mes de abril, para intentar dinamizar económicamente o concello e por en valor os produtos locais.

O comercio por parte dos agricultores de produtos excedentes do campo, como forma de obter  ingresos nas explotacións agrícolas e gandeiras,  veu desempeñando un papel moi importante para as economías agrarias non hai moitos anos, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social do noso entorno.

En consecuencia, co obxecto de facilitar a revitalización e dinamización do concello en xeral e do seu comercio en particular, tanto desde o punto de vista económico e social como  contribuíndo a evitar a despoboación das zonas rurais, ponse en marcha a Feira Rural de Xermade favorecendo a venda de excedentes hortofutícolas, artesanía, etc…de produtores locais e comarcais.

21 de marzo de 2013 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.