publicidade hoxe

Feira Magreco en Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoCalendarioLocal
A-
A+
Maquinaria exposta na anterior edición

Maquinaria exposta na anterior edición

Boimorto celebrará os próximos 6 e 7 de abril de 2013 unha gran feira denominada MAGRECO, un evento que esperamos se consolide como unha das principias feiras de exposición de maquinaria agrícola, artesanía e produtos ecolóxicos do interior de Galicia. A diferenza doutras mostras, Boimorto vai aglutinar unha serie de exposicións conxuntas e unha gran variedade de actividades que van facer desta feira un evento atractivo tanto para a xente do sector agrogandeiro coma para a xente que soamente ven dar unha volta.

Contaremos cuns 40 postos de artesanía e produtos ecolóxicos que expoñerán e venderan os seus produtos, uns 25 expositores de maquinaria moderna e uns 20 tractores antigos que farán rememorar o comezo da modernización do campo. Contaremos ademais con actividades para os máis pequenos da casa (obradoiros, xogos populares,…), cata de produtos ecolóxicos e un concurso condución de tractor para adultos e pequenos. Unha ampla programación organizada ó redor da feira e, como non, o que nunca pode faltar nunha festa galega, o polbo e churrasco a prezos populares (6€/ración)

Todos os veciños que teñan algún apeiro ou maquinaria antiga poden poñerse en contacto co Concello porque no caso de que a peza sexa interesante gustaríanos contar con ela para a exposición e contribuír ao crecemento deste gran evento.

8 de marzo de 2013 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.