FarandOleiras Cabaré en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

O vindeiro domingo 10 de marzo, dentro da programación do Ciclo de Teatro Afeccionado, Domingos a Escena de Ferrol acollerá a representación de FarandOleiras Cabaré.

Historia do grupo

No ano 2009, o Concello de Oleiros, dentro do seu programa de actividades “Ocioleiros”, convocou un obradoiro de cabaré ao que se anotaron unhas 10 ou 12 persoas: este foi o xérmolo da compañía. O grupo continuou andaina dentro de Ocioleiros ata o ano 2012, no que decidimos por fin constituírnos como compañía non profesional.

Dende o ano 2009, ofrecimos as viciñas e viciños de Oleiros mostras do traballo que desenvolvíamos no obradoiro: esketches, coreografías, play-backs… Sempre inspirados na actualidade que viviamos en cada momento, aínda que nas duas primeiras montaxes non nos plantexabamos ir mais aló da “mera” mostra.

Neste tempo numerosas persoas pasaron polo obradoiro e polo escenario con nós, no ano 2011, na montaxe “Crack!” chegamos a ser 39 actrices e actores. Foi quizá esta montaxe, cos numeros mais fiados entre sí e cunha dramaturxia mais unificadora, cando nos decatamos que realmente podiamos plantexarnos ampliar a experiencia “cabareteira” máis aló dos catro meses que duraba o programa Ocioleiros.

Dende o ano 2009 ata agora, evolucionamos como grupo para nos converter en familia. Temos integrantes de todas as idades, de todos os estilos, de todas as alturas, de todos os humores… Unha vez por semán poñemos a media calada e desatamos o enxeño para tentar combater a amarga sentencia da macroeconomía mundial, e facémolo con descaro, con retranca, con chispa e cun bo meneo de cadeira.

“Apocacripse”. Sinopse

“Apocacripse” é un espectáculo que reúne varias modalidades escénicas, como corresponde ao xénero do cabaré. Básicamente son sketches, ou esceas, máis teatrais, combinadas con números musicais e coreografías, aínda que nunca descartamos nada porque o cabaré ten esa marabillosa cualidade de integrar perfectamente as propostas máis inverosímiles.

Aproveitando o tirón da Apocalipse que, en teoria, íanos librar por fin da crise en 2012, creamos unha serie de esceas que, en maior ou menor medida, tiñan que ver co asunto. Veremos pois, ás empregadas duns famosos grandes almacens no día mesmo do fin do mundo, tamén nos visitarán unhas animadoras de causas perdidas moi peculiares; sacaremos aos superhéroes de toda a vida dos cómics e os traeremos ao teatro e quizá vexamos interrompido o espectáculo por un comando do que non podemos dar máis informacion, pero que virá a expoñer uns “ruegos e preguntas” ao público asistente. Por suposto, no noso cabaré hai espazo para a parodia á economía mundial, e asistiremos a unhas esceas internacionais onde se desvelarán as verdadeiras relacións entre países.

En fin, un “popurrí” á galega que ten como único afán ofrecer un ratiño de risas e de entreteñemento e compartir co público, dalgunha maneira, os bos momentos que pasamos durante o ano, creando, improvisando, bailando e rindo de nós mesm@s.

FICHA ARTÍSTICA
Dirección : Clara Gayo
Textos : Clara Gayo
Elenco : Antonio Doldán, Beatriz Vazquez, David Garrido, Elsa Parada,
Esther Patiño, Isa Currais, Lara Valcuerde, Manuel Candamio, María Rey, Marisol
Cancio, Mercedes Mosquera, Natalia Dominguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Paloma
Rayón, Patricia Somoza, Paula Galego, Raquel Sánchez, Saleta Vazquez, Toni.No, Yago
Concejo e Yolanda Zapata.
Coreografías : Paula Galego / Colectivas
Atrezzo e deseño gráfico : Isa Currais
Produción: Elsa Parada
Maquillaxe/Vestiario/Perruquería: FarandOleiras Cabaré
Duración : 1h 20

4 de marzo de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.